000 06573ngm a2200493 i 4500
008 150225s2004 sp g spa
017 _aNúmero Expediente Ministerio de Cultura: 74.132
080 1 _a791.4
100 _aAlfonso Cuarón
245 0 _aHarry Potter y prisionero de Azkaban; Harry Potter and the Prisoner of Azkaban
_b: Año 3
_c/ Alfonso Cuarón ; Daniel Radcliffe ; Rupert Grint ; Emma Watson ; Gary Oldman ; Maggie Smith ; Kenneth Branagh ; David Heyman
260 _aMadrid
_b:Warner Bros. Pictures
_c,2010
300 _a1 disco (DVD-Vídeo) (filme: 142 min.)
_b:son., col
_c;12cm
500 _a"HARRY POTTER Y EL PRISIONERO DE AZKABAN": En galego "Harry Potter e o preso de Azkaban" é a terceira novela da saga Harry Potter escrita por J. K. Rowling e que ten como protagonista a Harry Potter, un mozo meigo. O trama do libro céntrase no terceiro ano de Harry na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería e na fuxida dun perigoso asasino, Sirius Black, escapado do cárcere de Azkaban, e que semella estar disposto a atopar e matar a Harry. Este é o único libro da serie que non trata directamente de Lord Voldemort, pola contra, profunda máis na historia dos pais de Harry e dos amigos que tiveron na infancia. O libro saíu á venda o 8 de xullo de 1999 publicado por Bloomsbury no Reino Unido e no ano 2004 en Galicia pola Editorial Galaxia coa tradución de Eva Almazán. A novela gañou o premio Whitbread Book e o premio Bram Stoker, ambos en 1999, e o premio Locus en 2000. A versión cinematográfica do libro, dirixida polo mexicano Alfonso Cuarón, estreouse en 2004. SINOPSE: Harry Potter e os seus amigos Ron Weasley e Hermione Granger volven á Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería e atopan que a seguridade do colexio incrementou debido á fuxida de Sirius Black do cárcere de Azkaban. O castelo está protexido polos Dementores, seres sinistros que desposúen da felicidade a calquera que estea preto deles, ademais de seren os gardiáns de Azkaban. O novo profesor de Defensa contra a Maxia Negra, Remus Lupin, cóntalle a Harry que é máis vulnerable aos Dementores polos horrores que viviu no pasado. O profesor acepta ensinarlle a Harry o Esconxuro Patronus, un escudo contra os Dementores. Black consegue entrar no castelo dúas veces, pero é incapaz de chegar ata Harry. Entrementres, Fred e George Weasley danlle a Harry o Mapa do Tunante. Ron descobre que Scabbers, a súa rata, desaparecera e pensa que o gato de Hermione Crookshanks o comera. Máis adiante, Hermione dá con Scabbers na choupana de Hagrid. Cando os tres están de volta, Ron é atacado por un can negro e arrastrado ata unha pasaxe debaixo do Salgueiro Zoscón. Harry e Hermione reciben un forte golpe do Salgueiro Zoscón antes de poderen entrar na pasaxe. Harry e Hermione seguen os sons dos berros de Ron e van dar a unha vella casa de madeira coñecida como a Choupana Chiona. Tamén descobren que o can é Sirius Black, que é un animeigo. Cando Harry intenta atacar a Black aparece Lupin. Hermione fala con Lupin sobre os hábitos que observou durante as clases con el. Di que imaxinara que o profesor Lupin era un lobishome despois de facer un traballo para o profesor Snape; Lupin acaba por admitilo. Tamén explica que el, Black, Pettigrew e James Potter, eran grandes amigos e crearan o Mapa do Tunante. Para que Lupin levase mellor as transformacións, os seus amigos convertéronse en animeigos, meigos que poden adoptar forma animal ao seu parecer. Os Tunantes seguiron sendo amigos unha vez medraron, pero cando souberon que Voldemort ía tras os Potter, Black fíxose o seu gardián. Porén, Black revela que cambiara en segredo esta obriga con Pettigrew para servir de atracción. Black sentenza que Pettigrew é un traidor e que el non o matara, senón que se transformara en Scabbers. Snape aparece e ameaza a Lupin e Black coa súa variña. Non obstante, Harry, Hermione e Ron atacan a Snape, que permite a Lupin e Black colleren a Scabbers e devolvelo á forma de Pettigrew. Pettigrew admite a historia, pero Harry detén a Black e Lupin antes de que o maten. Deste modo, Harry persuádeos para que o leven a Hogwarts e así limpar o nome de Sirius. Porén, na súa volta ao castelo, aparece a lúa nova e Lupin transfórmase en lobishome. Pettigrew volve á súa forma de rata e escapa mentres Lupin perde o control ao se converter en lobo. Lupin deixa inconsciente a Black e está a piques de atacar a Harry cando escoita un chío estraño que o alerta e afasta de Harry. Harry atopa a Sirius inconsciente tirado ao carón dun estanque, onde os Dementores case o matan. Ambos son salvados no último momento por unha figura que emprega o Esconxuro Patronus; finalmente, Harry desmáiase. Harry acorda no castelo e descobre que Black fora capturado. Para salvalo, Harry e Hermione volven atrás no tempo, coa axuda dun viratempo, para evitar a súa detención. Os dous mozos reviven os feitos desa noite ata o momento en que os Dementores atacan a Harry e Sirius. Harry decátase de que fora el mesmo quen enviara o Patronus. Conseguen rescatar a Sirius; mentres tanto Lupin, debido á súa condición de lobishome, renuncia ao cargo de profesor de Defensa conta a Maxia Negra. Entrementres, Harry está preocupado porque pensa que Pettigrew pode axudar a que Voldemort regrese, pero Dumbledore contesta que debe estar agradecido por ter axudado a salvar a vida de Pettigrew
505 _aCine - Fantasía Harry Potter y prisionero de Azkaban ; Año 3 ; Harry Potter. La colección completa. 8 Películas. = Harry Potter and the Prisoner of Azkaban
600 _aGary Oldman
600 _aAlfonso Cuarón
600 _aKenneth Branagh
600 _aJ. K. Rowling
600 _aMaggie Smith
600 _aEmma Watson
600 _aRupert Grint
600 _aDaniel Radcliffe
600 _aMichael Gambon
610 _aWarner Bros. Pictures
630 _aHarry Potter and the Prisoner of Azkaban
_xDVD - Video
630 _aHarry Potter y prisionero de Azkaban
650 _aCine - Fantasía
650 _aCine - Infantil e xuvenil
650 _aCine de misterio
650 _aCine de intriga
650 _aCine de acción
650 _aCine
650 _aCine de ciencia ficción
650 _aCine universal
650 _aCine de aventuras
700 _aDavid Heyman
700 _aKenneth Branagh
700 _aGary Oldman
700 _aMaggie Smith
700 _aEmma Watson
700 _aRupert Grint
700 _aDaniel Radcliffe
997 _e2