Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Harry Potter y el cáliz de fuego : Harry Potter and the Goblet of Fire / Mike Newell ; Daniel Radcliffe ; Rupert Grint ; Emma Watson ; Robert Pattinson ; Maggie Smith ; Michael Gambon ; Brendan Gleeson ; Clémence Poésy

por Mike Newell; Brendan Gleeson; Michael Gambon; Robert Pattinson; Maggie Smith; Emma Watson; Rupert Grint; Daniel Radcliffe.
Tipo: Gráfico proxectableEditor: Madrid :Warner Bros. Pictures ,2010 Descrición: 1 disco (DVD-Vídeo) (filme: 151 min.) :son., col ;12cm.Materia(s): Stanislav Ianevski | Clémence Poésy | Robert Pattinson | Michael Gambon | Michael Gambon | J. K. Rowling | Maggie Smith | Emma Watson | Rupert Grint | Daniel Radcliffe | Mike Newell | Brendan Gleeson | Warner Bros. Pictures | Harry Potter and the Goblet of Fire -- DVD - Video | Harry Potter y el cáliz de fuego | Cine - Fantasía | Cine - Infantil e xuvenil | Cine de misterio | Cine de intriga | Cine de acción | Cine | Cine de ciencia ficción | Cine universal | Cine de aventuras
Contido:
Cine - Fantasía Harry Potter y el cáliz de fuego ; Año 4 ; Harry Potter. La colección completa. 8 Películas. = Harry Potter and the Goblet of Fire
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES Vilar Ponte
Sala préstamo
79 DVD har 1 Dispoñible LED014000007544

"HARRY POTTER Y EL CÁLIZ DE FUEGO": En galego "Harry Potter e o Cáliz de fogo" é unha película de fantasía dirixida por Mike Newell e baseada na novela homónima escrita por J. K. Rowling. É o cuarto filme da serie de filmes de Harry Potter. Foi escrito por Steve Kloves e producido por David Heyman. A historia céntrase no cuarto ano de Harry Potter na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, durante o que é escollido polo Cáliz de fogo para competir no Torneo Tres Meigos, unha competición moi perigosa. A película está protagonizada por Daniel Radcliffe como Harry Potter, con Rupert Grint e Emma Watson como os mellores amigos de Harry, Ron Weasley e Hermione Granger. O resto do reparto inclúe a Brendan Gleeson, Robert Pattinson, Clémence Poésy, Stanislav Ianevski e Ralph Fiennes.

O filme tivo a súa estrea no Reino Unido e os Estados Unidos o 18 de novembro de 2005. A recadación nas salas internacionais ascende a 895,9 millóns de dólares estadounidenses. Recibiu unha candidatura aos Premios Oscar pola Oscar á mellor dirección artística, que finalmente gañou Memoirs of a Geisha. Non obstante, o filme gañou o premio BAFTA ao mellor deseño de produción. O Cáliz de fogo foi o segundo filme en proxectarse en salas IMAX e é un dos que recibiu mellores críticas debido á madurez e sofisticación dos personaxes, o ton máis escuro e complexo da liña argumental e as actuacións do reparto principal.

SINOPSE: Durante o cuarto ano, a Marca Escura aparece no ceo despois dun ataque feito por parte dos Devoradores da Morte na Copa do Mundo de Quidditch. Iniciado o curso en Hogwarts, Harry pasa as noites sufrindo pesadelos. Ademais, este ano a escola é a anfitrioa dun lendario evento: o Torneo Tres Meigos. Tres escolas europeas participan na competición, con tres "campións" que as representan nas probas. O Cáliz de fogo elixe a Fleur Delacour, Viktor Krum e Cedric Diggory para que compitan entre eles. Non obstante, o nome de Harry tamén sae to obxecto máxico, converténdoo no cuarto campión e obrigándoo a participar tamén. O Torneo remata cun encontro entre Harry e un renacido Voldemort que consegue recuperar a súa forma corpórea

Cine - Fantasía Harry Potter y el cáliz de fuego ; Año 4 ; Harry Potter. La colección completa. 8 Películas. = Harry Potter and the Goblet of Fire

Coa tecnoloxía Koha