Harry Potter y las Reliquias de la Muerte - Parte I : Harry Potter and the Deathly Hallows: Part I / David Yates ; Daniel Radcliffe ; Rupert Grint ; Emma Watson ; Jim Broadbent ; Alan Rickman ; Maggie Smith ; Bill Nighy ; Robbie Coltrane
por David Yates; Bill Nighy; Maggie Smith; Alan Rickman; Jim Broadbent; Emma Watson; Rupert Grint; Daniel Radcliffe.
Tipo:
Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Vilar Ponte Sala préstamo | 79 DVD har | 1 | Dispoñible | LED014000007542 |
|
"HARRY POTTER Y LAS RELIQUIAS DE LA MUERTE - PARTE I": En galego "Harry Potter e as reliquias da morte - Parte I" é unha película de fantasía e drama dirixida por David Yates e a primeira das dúas baseadas na novela homónima escrita por J. K. Rowling. É o sétimo filme da serie de filmes de Harry Potter. Foi escrito por Steve Kloves e producido por David Heyman, David Barron e Rowling. A historia céntrase na busca que emprende Harry Potter co obxectivo de atopar e destruír os Horcrux que proporcionan inmortalidade a Lord Voldemort. A película está protagonizada por Daniel Radcliffe como Harry Potter, con Rupert Grint e Emma Watson como os mellores amigos de Harry, Ron Weasley e Hermione Granger. O resto do reparto inclúe a Ralph Fiennes, Helena Bonham Carter e Alan Rickman.
O filme tivo a súa estrea en todo o mundo en cines 2D e IMAX o 19 de novembro de 2010. A produción do filme comezou o 19 de febreiro de 2009 e rematou o 12 de xuño de 2010. Durante a fin de semana despois da súa estrea, esta primeira parte recadou 330 millóns de dórales, a máis alta do ano 2010. A recadación nas salas internacionais ascende a 954,5 millóns de dólares estadounidenses, converténdoa na terceira película con maiores recadacións de 2010 detrás de Toy Story 3 e Alice in Wonderland.
SINOPSE: Despois dos acontecementos ao final do ano anterior Harry, Ron e Hermione van á procura e destrución dos Horcrux que proporcionan inmortalidade a Lord Voldemort. Suponse que é o seu sétimo e último ano de estudos en Hogwarts, pero a desorde no Ministerio de Maxia e o alzamento no poder do Señor Escuro evitan a súa asistencia. Os tres amigos emprenden un camiño que os levará a loitar contra os Devoradores da Morte e a descubrir os poderes das reliquias da morte. Asemade, a conexión entre Harry e a mente de Voldemort faise máis forte
Cine - Fantasía Harry Potter y las Reliquias de la Muerte - Parte I ; Año 7 ; Harry Potter. La colección completa. 8 Películas. = Harry Potter and the Deathly Hallows: Part I