Dahl, Roald

Charlie e a fábrica de chocolate /Roald Dahl - 4ª ed. - Vigo :Edicións do Cumio ,1996 - 166 p. : il. b/n ;19cm

“Charlie e a fábrica de chocolate” é a novela máis famosa de Roald Dhal, un dos xenios da literatura infantil do século XX. O humor, unha narración tan eficaz como económica, e a tenrura para caracterizar unha grande tipoloxía de personaxes adultos e infantís singularizan esta obra considerada como unha das xoias da historia da literatura infantil de todos os tempos. Traducida a múltiples linguas, a súa adaptación cinematográfica, protagonizada por Johnny Depp será estreada no verán 2005.

O señor Willy Wonka, o xenio da fabricación de lambonadas, agachou cinco billetes dourados nos envoltorios das súas chocolatinas. Os que dean con eles poderán visitar a súa misteriosa fábrica, onde se elaboran as lambetadas máis sabedeiras que se poida imaxinar: xeados que nunca se derreten, caramelos eternos que non se des gastan, chicles que nunca perden o sabor, globos de azucre que se poden inchar ata facelos enormes… Charlie Bucket atopará un dos billetes máxicos e será un dos rapaces afortunados que entren na fábrica das marabillosas lambetadas. Esta será unha visita que mudará a súa vida para sempre.

5º-6º Primaria 1º-2º ESO

8487126049


fantasía
Relación niño-adulto-novelas
Mundos fantásticos-novelas

087.5:821 82N

Coa tecnoloxía Koha